Wednesday 24 de April de 2024

Galicia acollerá o IX Encontro de Comunidades Autónomas de Cooperación para o Desenvolvemento


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou no VII Encontro de Comunidades Autónomas e Cooperación para o Desenvolvemento, que tivo lugar en Madrid

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou no VII Encontro de Comunidades Autónomas e Cooperación para o Desenvolvemento ao que asistiron representantes de todas as Comunidades Autónomas e da Administración Xeral do Estado, e onde se decidiu que Galicia fora organizadora do próximo encontro, que terá lugar na primavera do 2016 na nosa comunidade.

Estes encontros xurdiron como espazos de debate e reflexión da cooperación descentralizada española co fin de buscar canles para una maior coordinación e complementariedade das accións de desenvolvemento das distintas administracións autonómicas e para plantexar propostas de traballo conxunto.

Neste VIII encontro, que este ano foi organizado pola Comunidade de Madrid, os representantes das Comunidades Autónomas incidiron na necesidade de abordar de xeito conxunto os retos de futuro da cooperación descentralizada, para o cal é preciso avanzar nos procesos de coordinación. Nese senso acordaron a próxima sinatura dun convenio para a posta en marcha de actuacións conxuntas en materia de acción humanitaria entre a Axencia española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e as Comunidades Autónomas de Galicia, a Rioxa, Castela A Mancha, Illas Baleares, Estremadura, Valencia e Madrid

Ademais, dado que este ano 2015 foi declarado Ano Europeo Desenvolvemento por ser un ano clave para a Axenda internacional de desenvolvemento, xa que culmina a Axenda dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e deberase determinar a Axenda de desenvolvemento para os próximos quince anos (Axenda Post-2015), os representantes das CC.AA decidiron abrir un debate orientado á identificación e posta en marcha de mecanismos que permitan aumentar a eficacia da Axuda Oficial ao Desenvolvemento procedente de todos os actores do sistema español de cooperación, así como de impulsar a Educación para o Desenvolvemento como campo propio de actuación do nivel autonómico.